Portada Conceyos El VIII Outono en Bual programa actividades prá ponte de decembre

El VIII Outono en Bual programa actividades prá ponte de decembre

by redacción asturnews
Cartel Outono en Bual 2015

As xornadas culturales conocidas como Outono en Bual que s’han a celebrar en Bual (Asturias) entre el venres 4, el sábado 5 y el domingo seis de decembre, pechan el cartel d’este 2015 con abondos concertos, conferencias, talleres, gastronomía, esposicióis y dalgúa qu’outra sopresa prá xente asistente.

El venres 4, a xornada vei empezar ás 20:30 en Helenias, el local da Frieira xa mítico en Bual unde el ano pasao se celebraron os concertos del Outono. A esta hora, vei ferse a presentación das xornadas y un magosto pra todos os que quiran ir. Este magosto vei ter dúas partes: a primeira, úa representación teatral costumista a cargo del Grupo de Teatro Pico de Faro da Roda (Tapia) que vei llevar por título É así a vida. É a primeira vez en más de 20 anos que se volve fer teatro en Helenias, polo qu’é úa ocasión ben especial. Seguido d’esto, van actuar el grupo de gaitas Os Pampirolos de Grandas, conxunto que lleva xa participando varios anos nel Outono y que nun cansa a os sous seguidores.

Pral sábado 5, a xornada vei tar mui concurrida, xa que dende a mañá vei haber ben actividades, que s’han a prolongar hasta entrada a noite. Ás 11:30 vei xugarse nel Polideportivo de Bual a ún dos dos deportes tradicionales que más se xugaba na zona cantábrica da Península Ibérica, a biyarda. Este ano vamos contar col I Trofeo Villa de Bual de Biyarda, unde se van enfrentar as seleccióis de Galiza y d’Asturias. Esto é un verdadeiro luxo pra un conceyo como Bual, qu’anque conte con úa asociación de deportes tradicionales, esta nun recibe sempre todo el apoyo que debería. El mesmo sábado, ás 17:30, Llorián García vei presentar a súa esposición fotográfica, que vei tar colgada na Casa da Cultura durante todo el que dure el Outono. Esta esposición lleva por título Re-condiciones, úa reflexón da música tradicional asturiana dende el punto de vista das investigación d’este musicólogo. A parte deportiva del VIII Outono en Bual vei zarrarse ás 16:00 con un taller sobre deportes tradicionales a cargo de Carlos Suari y Alejandro López, dous personaxes relevantes pola súa militancia al hora de recuperar xogos y tradicióis deportivas asturianas.

Llougo d’este taller, ás 18:00, na mesma Casa da Cultura, Arturo Iglesias Martínez y Jesús García Albá van fer un charla-taller con título A torneiría nel occidente d’Asturias, un repaso teórico y práctico sobre a torneiría, úa forma propia d’entender el trabayo en madera.

Despóis da xornada de tarde, el Asociación Xuvenil Mezá ha a ter preparada a cía. Este ano, y despóis del éxito das edicióis anteriores, vei haber un comedor popular nel que se van poder degustar productos del país y da terra ben cociaos. Haberá menú «omnívoro» y vexetariano pra todos os gustos y os vales han a poder comprarse durante todo el Outono a un precio colaborativo.

Pr’acabar el día, ás 23:30, van empezar os concertos nel Helenias da Frieira de Bual. Os primeiros en tocar van ser N’Arba, antigo grupo del frontman Xosé Ambás, que vein a Bual a fer as delicias del público. Despóis, ún dos pratos fortes del ano pasao que repite este ano ha a ser el grupo gallego Chotokoeu, que vén de dar úa xira por toda Europa y que remata en Bual el sou periplo continental pra presentar el sou novo disco Sair a voar. El último grupo da noite vei ser La Tarrancha, conxunto de pachanga-ska-folk asturiano que vén a Bual pra presentar un trabayo novo, Elefantes na cacía. Pra rematar y pral fin de festa, el pinchadiscos Señor Sonidero vei fer un repaso da música beilable universal antias de marchar prá casa.

El domingo, xa pr’acabar col intenso VIII Outono en Bual d’este 2015, vei ferse na Praza da Iglesia un homenaxe a os músicos tradicionales del conceyo ás 12:30, unde han a tar presentes dellos instrumentistas y cantadores da música del país que fixeron tanto polas tradicióis culturales del occidente asturiano y que necesitaban ser reconocidos públicamente. Han a recibir un homenaxe en forma d’úa placa conmemorativa nel centro da villa bualesa.

A esto, hai que xuntar a novedá da rifa d’úa cesta de productos del país, tanto alimenticios como d’artesanía. As participacióis tán vendéndose y volando nos bares da villa de Bual y el sorteo vei ser el día 6 de decembre. A cesta conta con productos das empresas Embutidos Pico de Fiel, Queixeiría d’Abredo, Queisos Ca Sanchu, Cosmética Terraveya, Cerveza Caleya, Güerta El Nocéu, Artesanía Verdenaz, discos y llibros en gallego-asturiano, ovos de Pitasana, botellas de La Boalesa, productos de Casa Severón de Navia y muitas cousas máis.

Cumple este mini-festival autoxestionao de música, gastronomía, arte y lliteratura oito anos, dende qu’alló pol 2008 organizara en Bual el Asociación Xuvenil Mezá úas modestas actividades col nome d’Outono Cultural. El fin d’este proyecto é motivar y dar un pouco de vida al occidente asturiano y, sobre todo, espertar as mentes d’aquellos que pasan el día delantre da televisión y da cultura institucional. Tamén, este evento quer ser un acto de reivindicación das dúas llinguas tradicionales d’Asturias, el asturiano y el gallego-asturiano, y por esta razón faise tresversal el uso d’ellas nas xornadas, así como a posta en valor da cultura del país y da súa evolución nel siglo XXI, llonxe d’esteriotipos y de clichés impostos por ningún dogma oficial.

Os actos van ser de baldre. A cultura asequible pral público é a base da filosofía del Asociación Xuvenil Mezá, que xa conseguíu afianzarse y ferse un furaco dentro das entidades organizadoras d’eventos de relevancia cultural en Asturias.

 

Programa VIII Outono en Bual

 

Venres 4 de decembre

20:30. Representación del obra É así a vida, pol Grupo de Teatro Pico de Faro da Roda (Tapia)

22:30. Magosto cos Pampirolos de Grandas y viño del país

 

Sábado 5 de decembre

11:30. I Torneo Villa de Bual de Biyarda

12:30. Presentación da esposición fotográfica Re-condiciones de Llorián García

16:00. Taller de deportes tradicionales con Carlos Suari y Alejandro López

18:00. Charla-taller: A torneiría nel occidente d’Asturias, con Arturo Iglesias y Jesús García Albá

20:45. Cía popular (con reserva)

23:30. Concertos: N’Arba + Chotokoeu + La Tarrancha + Señor Sonidero

 

Domingo 6 de decembre

12:30. Homenaxe a músicos tradicionales del conceyo de Bual

Tamién te podria gustar