Portada Educación Convocase’l VII Curso de Lingua e Cultura del Navia-Eo

Convocase’l VII Curso de Lingua e Cultura del Navia-Eo

by redacción asturnews

A Fundación parque histórico del Navia, en colaboración coa Academia de la Llingua Asturiana y el Conceyo de Grandas, amaña pras tardes dos martes e xoves entre el 13 d’outubre y el 26 de novembre, a séptima edición del Curso de lingua e Cultura del Navia-Eo. Este curso forma parte del Plan d’Actuacióis da Oficina Cultural e Lingüística del Parque Histórico del Navia en materia de normalización social del Galego-Asturiano prá anualidá de 2015, baxo a tutela da Dirección Xeneral de Política Lingüística del Principao d’Asturias.

Neste curso -de 42 horas de duración xebradas en 14 sesióis- que sigue ás anteriores edicióis amañadas nos Conceyos del Franco, Tapia y Navia, han a darse diferentes materias desarrolladas por espertos da zona, como a iniciación á gramática del galego-asturiano; a sociolingüística y a literatura del galego-asturiano; os oficios tradicionales; as esperencias docentes col galego-asturiano; os paisaxes postindustriales no Navia-Eo; recursos naturales d’Entrambasauguas y, pr’acabar, a música tradicional no Navia-Eo.

Xa ta aberto el prazo de matrícula hasta el prósimo 30 de setembre. Pra elo é preciso entregar cuberto na sede de la Fundación Parque Histórico del Navia el formulario d’inscripción que pode descargarse, xunta col resto da información, na web d’esta entidá www.parquehistorico.org, además de presentar el xustificante bancario del pago da matrícula (28 €) en concepto de “matrícula curso lingua”.

Descargar documentación

Tamién te podria gustar